Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

jueves, 18 de mayo de 2017

Instrucións para a admisión nas ensinanzas superiores de Música 2017


Publicouse a RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2017/18.

REQUISITOS ACADÉMICOS:


Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:

  • Título de Bacharelato ou equivalente. Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel, no prazo extraordinario de matrícula, se houbese vacantes.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 16 anos ter superada unha proba de acceso. ENLACE.

Superar unha Proba específica de aptitudes:
  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. 
  • A media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional suporá un 40% da cualificación final da proba de acceso. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos Estudos Superiores de Música terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos.
  • A superación da proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Música faculta, unicamente, para matricularse no ano académico e na especialidade para o que a proba específica fose convocada e realizada.


INSCRICIÓN NA PROBA ESPECÍFICA:
  • Prazo comprendido entre o 17 de maio e o 5 de xuño de 2017. 
  • A inscrición realizarase na secretaría dos Conservatorios Superiores de Música de Galicia.
  • Os conservatorios superiores de Música facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda.
  • Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. 
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 

REALIZACIÓN DA PROBA ESPECÍFICA: 
Comezará a partir do 19 de xuño.
Contidos da proba: Ver Orde do 21 de novembro de 2016. 


MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 6 e 14 de xullo.


ENLACES: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...